A Esperanza referenda o seu poder de convocatoria

Procesión de la Virgen de la Esperanza (Foto: Sebas Senande)
photo_camera Procesión de la Virgen de la Esperanza (Foto: Sebas Senande)

O poder de convocatoria da procesión da Virxe da Esperanza quedou confirmado onte, de novo, cun centro verdadeiramente abarrotado e auténticos problemas para atopar un oco con boa visibilidade.

A temperatura agradable sacou á xente á rúa, de forma que, á hora da procesión, mesturáronse con naturalidade devotos, curiosos, turistas e familias de paseo que esperaron a ver pasar a Virxe antes de regresar a casa. Aínda que é habitual que este paso conte con moitísima afluencia, este ano resultou característica a presenza de moitos nenos, algo que non sucedeu no pasado cando a choiva augou parte do percorrido.

Desde pasadas as oito foron moitos os lucenses que tomaron posicións nalgún punto do percorrido para contemplar o paso, sendo o máis demandado a porta da igrexa da Nova. Moitos dos que lograron situarse alí, non percorreron coa Virxe o resto do traxecto senón que permaneceron no sitio ata o seu regreso, xa que a saída e entrada da Esperanza no templo é un dos momentos máis emotivos e dos favoritos dos fieis.

Lugo ''porto de mar'' grazas á Armada
Unha compañía do Arsenal de Ferrol renovou no Concello o seu vínculo con Lugo, que se remonta a 1954

«Non concibimos non vir a Lugo nun día como hoxe. Hoxe Lugo é porto de mar». Así resumiu onte o vicealmirante Manuel Garat o vínculo da Armada con Lugo, que se remonta a 1954. A Armada é irmá maior da Confraría da Virxe da Esperanza desde a súa fundación e os militares viaxaron a Lugo como cada luns de Semana Santa para arroupar á irmandade no seu día grande. 

Consiga AQUÍ a información completa

Más en Lugo Ciudad
comentarios