O auditorio de Lugo estará listo a mediados de 2015, di a conselleira

Las autoridades, durante la visita (Foto: SEBAS SENANDE)
photo_camera Las autoridades, durante la visita (Foto: SEBAS SENANDE)

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, explicou hoxe que as obras do novo Auditorio de Lugo atópanse nestes momentos ao 65% da súa execución total e confirmou que estarán terminadas "a mediados" de 2015.

En declaracións aos medios de comunicación, antes de visitar os traballos de construción do Auditorio, recordou que a Xunta de Galicia incluíu unha partida nos orzamentos do próximo ano de 4,2 millóns de euros para terminar a obra en 2015.

"Todas as obras teñen incidencias, pero eu espero que sexa a mediados do ano que vén", precisou Ethel Vázquez a preguntas dos xornalistas.

Nestes momentos, está a piques de finalizar a instalación dunha das partes "máis características" do proxecto construtivo, a fachada acristalada do edificio, que xa se pode ver desde a Avenida de Magoi.

O auditorio de Lugo, unha vez terminado, suporía o investimento de 21 millóns de euros, un orzamento que foi financiado ao 95% pola Xunta de Galicia.

Ethel Vázquez precisou que a estrutura do novo auditorio dispón de sete plantas, con dous salóns, que achegarán máis de 1.200 butacas.

Comentarios