A CEL lucense encomia o código ético aprobado na asemblea da CEOE

La delegación lucense, en la asamblea de la CEOE. (Foto: EP)
photo_camera La delegación lucense, en la asamblea de la CEOE. (Foto: EP)

Unha delegación de representantes da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) asistiu onte á reunión da asemblea da Confederación de Española de Organizacións Empresariais (CEOE) na que, entre outras cuestións, aprobouse unha reforma do texto estatutario da organización empresarial, así como un código ético e de bo goberno da entidade, e na que se contou coa intervención do presidente do Goberno, Mariano Rajoy.

Os empresarios de Lugo estiveron representados na asemblea polo conselleiro delegado executivo da CEL, Jesús Quintá García, e o secretario xeral da organización empresarial lucense, Jaime López Vázquez, así como por outros membros do consello de administración da CEL e de asociacións integradas, como Carmen Castelao, presidenta de Tradime, e Xabier Díaz, novo presidente da Asociación Provincial de Empresarios Promotores de Edificación.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios