A azolla invasora volve ao Miño e a CHMS non limpa porque ''é autóctona''

Hay plantas autóctonas protegidas, como la de la imagen, que conviven en el río con la azolla hace años. (XESÚS PONTE)
photo_camera Hay plantas autóctonas protegidas, como la de la imagen, que conviven en el río con la azolla hace años. (XESÚS PONTE)

Un verán máis, como xa é habitual desde fai dez, o Miño volve ser ocupado por unha planta invasora chegada desde a América tropical. Trátase concretamente da azolla filiculoides, unha especie con tendencia demográfica expansiva que compite e elimina as especies protexidas. Para desfacerse dela, sería necesaria un coidadoso labor de limpeza na primavera que en Lugo non leva a cabo.

A planta é menos visible este ano porque o río non vai tan baixo, pero está presente. Con todo, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) ignora o problema da azolla e alega que non se procede á limpeza porque «as plantas que aparecen no Miño son plantas acuáticas autóctonas, non invasoras, moi importantes para os ecosistemas acuáticos e que afloran en superficie coa baixada do nivel do río».

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios