A Audiencia ordena reabrir un caso sobreseído na operación 'Bebé'

A Audiencia Provincial ordenou onte a reapertura dun dos casos da operación Bebé que o xulgado de instrución decidira arquivar. No seu auto, a Audiencia estima que hai indicios máis que suficientes para pensar que os feitos están relacionados cos outros que se investigan, e que non se pode descartar que as presións e ameazas recibidas pola nai para que renunciase ao seu bebé non proviñesen do servizo de Menores da Xunta e das monxas que dirixían o fogar Nai Encarnación.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios