A Audiencia decidirá antes do xuízo oral se anula tamén a instrución do caso Rei

Operación policial en el Concello de Castro de Rei. (AEP)
photo_camera Operación policial en el Concello de Castro de Rei. (AEP)

O efecto da nulidade do caso das multas da xefatura de Tráfico pode converterse nun terremoto xurídico en Lugo con consecuencias devastadoras. De entrada, a propia Audiencia Provincial, nun movemento pouco habitual, convocou ás partes da operación Rei a unha reunión previa dez días antes do xuízo oral para decidir sobre as causas de nulidade presentadas polos avogados defensores, que son practicamente as mesmas que aceptou a Audiencia para anular o caso das multas.

O xuízo do caso Rei é un dos máis relevantes que queda pendente, xa que supuxo en outubro de 2009 a detención en imputación de varios políticos e funcionarios de Castro de Rei e o rexistro da Deputación. Nel se ventila o suposto uso irregular de fondos dos plans provinciais de obras en beneficio de determinadas empresas.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios