Xulgados dous homes que levaban cinco quilos de haxix no coche

Los dos acusados, ayer en el banquillo durante el juicio (Foto: Pepe Álvez)
photo_camera Los dos acusados, ayer en el banquillo durante el juicio (Foto: Pepe Álvez)

Dous homes foron xulgados onte como supostos autores de senllos delitos contra a saúde pública, despois de que fosen sorprendidos pola Garda Civil con máis cinco quilos de haxix escondidos no vehículo co que regresaban de Madrid a Lugo. A pena solicitada é de catro anos de prisión para cada un deles.

Os feitos non admiten debate: o 17 de marzo deste ano, a Garda Civil parou o Seat Eivissa alugado no que ambos viaxaban na A-6, á altura de Baralla; distribuídos en placas escondidas baixo o cadro de mandos e no portón traseiro había un total de 5,1 quilos de resina de cannabis. J.R.R., que conducía o coche, e C.G.J., que ía de copiloto, foron enviados a prisión, desde onde foron conducidos onte para ser sometidos a xuízo.

O ministerio fiscal considera claro que ambos alugaron o coche en Lugo viaxaron a Madrid coa única intención de adquirir a droga, coa que ían a traficar en Lugo.

Con todo, os acusados defenderon no xuízo unha versión ben diferente. Por unha banda, C.G.J., o copiloto, asegurou que aproveitou que o seu amigo lle dixo que tiña que ir a Madrid para un asunto particular para viaxar con el para ver a un irmán que acababa de saír de prisión, dado que non ten carné de conducir. Alí, pasou o tempo coa súa familia e non sabía o que facía o seu compañeiro de viaxe. «Cando atoparon o haxix no coche», declarou, «quedei sorprendido. 'Tío, perdóame, que eu non sabía nada', díxome».

Esta versión foi corroborada punto por punto polo outro acusado J.R.R. A explicación deste foi a seguinte: decidiu alugar un coche para ir a Madrid a cobrar unha débeda de 300 euros e a comprar algo de heroína porque en Lugo non había; deixou ao seu compañeiro en casa do irmán e foise á Cañada Real, un macropoblado marxinal de Madrid onde se vende droga; alí, por casualidade, atopouse cun tal Mohamed, un marroquí que coñecera brevemente nunha chatarrería de Lugo, que lle propuxo que levase un quilo de haxix de volta á cidade amurallada, ao que se negou; mentres consumía algo de heroína con Mohamed na chabola deste, co coche fose e aberto, aceptou finalmente traer 300 gramos, polo que el tamén se sorprendeu moito cando a Garda Civil atopou cinco quilos.

Os argumentos non convenceron ao ministerio fiscal, que mantivo a súa petición de catro anos de condena para cada un dos acusados.

Comentarios