José María Seijas: ''Os premios danse en cartóns de crédito para usar en Lugo''

José María Seijas, presidente da Federación de Comercio, que reparte 5.000 euros en Compra e Gaña

¿En que consiste a campaña que teñen en marcha?

Ao comprar en establecementos de Lugo, os compradores poden gañar ata 5.000 euros en premios, repartidos en dous cartóns regalo de 500 euros e 20, de 200 euros.

¿Que previsións de participación manexan?

O obxectivo da campaña é incentivar o consumo. Pretendemos repartir unhas 50.000 participacións entre os compradores.

¿Por que elixiron repartir o agasallo en varios cartóns regalo e non dar un único premio de 5.000 euros?

Pensamos que unha participación de 200 euros podería chegar a axudar a unha familia, coa compra do mes, por exemplo. Se só se dá un premio, acaba quedando nunha anécdota que gaña unha soa persoa e parecíanos que, especialmente neste momento, era importante repartir os premios.

¿Os premiados poderán gastar os premios en calquera comercio?

Si, os premios daranse en cartóns de crédito cargadas co importe do premio que se poderán gastar nunha mesma compra ou en varias nas tendas de Lugo. A entrega de premios será o 13 ás oito na Praza Maior e para recibir un hai que estar presente.

Comentarios