Xaque mate ao frío da capital

Participantes, ayer, en la Praza Maior en las partidas de ajedrez del programa ‘Scacorum e o baúl viaxeiro’, alumnos de Maristas durante su viaje a Andorra y festival de San Bosco en el colegio Salesianos Divina Pastora. (Foto: J. Vázquez)
photo_camera Participantes, ayer, en la Praza Maior en las partidas de ajedrez del programa ‘Scacorum e o baúl viaxeiro’, alumnos de Maristas durante su viaje a Andorra y festival de San Bosco en el colegio Salesianos Divina Pastora. (Foto: J. Vázquez)

Con gorro e bufanda , pero cunha afección para a que non hai límite nin temperatura que se interpoña, un bo grupo de lucenses estrearon onte na Praza Maior o programa de xadrez ‘Scacorum e o baúl viaxeiro, posto en marcha pola concellaría de educación, El Progreso e as asociacións Xaquedrum e Lugo Xadrez. A iniciativa, unha das múltiples que se desenvolven para fomentar o xadrez, celebrarase as tardes de domingo. De paso, aprovéitase tamén para promover a lectura entre rapaces e adultos.

Semana branca en Andorra de alumnos dos Maristas

Un grupo de 41 alumnos de secundaria do colexio Marista A Inmaculada de Lugo realizaron, acompañados de catro profesorres, unha viaxe a Andorra para gozar da neve. Os escolares gozaron da súa semana branca na estación de montaña de Vallnord. Pero a viaxe non se limitou á práctica do esquí e, así, tamén visitaron o centro termal de Caldea e gozaron do animado ambiente comercial das rúas da capital do principado, Andorra A Vella.

San Juan Bosco no colexio Salesianos Divina Pastora

O colexio Salesianos Divina Pastora está enfrascado na celebración da festa de San Juan Bosco, cuxa festividade se conmemora hoxe. Os alumnos do centro lucense xa participaron ao longo da semana pasada en actividades culturais, deportivas, musicais e artísticas. Están, evidentemente, previstas celebracións relixiosas, que terán lugar hoxe, en memoria do santo.

O colexio de Lugo conmemora con eses actos o proxecto educativo de Don Bosco, estendido hoxe a 131 países de todos os continentes. Os festivais buscan celebrar un proxecto educativo ideado polo santo italiano coa idea de estender a formación ás clases populares.

Animación informática na zona rural co alcalde

Os centros sociais abertos na zona rural gañan protagonismo estes días. O alcalde, José López Orozco, visitou hai uns días e o de San Xoán do Campo para entregar os diplomas de Lugo e hoxe acudirá ao de Santa María de Bóveda, desde onde manterá un dos seu xa habituais encontros dixitais cos internautas da capital. O acto está previsto para as 18.00 horas.

Comentarios