Internet accesible para todos

Entrega de diplomas en el centro In Lugo (Foto: Sebas Senande)
photo_camera Entrega de diplomas en el centro In Lugo (Foto: Sebas Senande)

Estudantes de Administración de Empresas (ADE) convértense en profesoras co programa de voluntariado ‘Abrimos unha fiestra ao mundo TIC' co que impartirán alfabetización informática a persoas con discapacidade intelectual residentes no centro San Vicente de Paul.

As sesións formativas empezáronse a impartir na tarde de onte nunha das aulas de informática da facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo, segundo indicou a responsable da aula TIC-Pemes da USC, a profesora Ángeles López Cabarcos. A aula promove o proxecto, que conta con financiamento de La Caixa. O plan iniciouse o pasado novembro coa selección de voluntarios. Estes recibiron despois un programa de formación específica para ensinar o uso de tecnoloxías da información a persoas con discapacidade intelectual.

Mentres estes alumnos empezan, outros acaban o seu proceso formativo. Os 75 participantes no curso gratuíto titulado ‘Marquéting de contidos dixitais na era das TIC', organizado polo centro In Lugo da Deputación, recibiron onte os seus diplomas.

O curso foi eminentemente práctico e impartiuse en dúas modalidades: a semipresencial que contou con 25 participantes e outra online, que contou con 50. Ambas contaron cun total de 150 horas lectivas nas que os alumnos aprenderon a aplicar estratexias de mercadotecnia en Internet, traballando con exemplos reais de produtos e negocios.

O coro rociero Ritmo e Arte ensaia para a Feira de Abril

Un total de 35 persoas forman parte do coro rociero Ritmo e Arte, o primeiro que se fai en Lugo e o terceiro de Galicia. A idea xurdiu dos integrantes da academia de danza Ritmolugo, que ofrecen as súas instalacións para os ensaios dos cantantes. Ademais, parte do profesorado da academia tamén se sumou ao coro.

O grupo, que está a pechar o seu repertorio, comezará a actuar na Feira de Abril.

Comentarios