Intentan roubar nun bar tras romper un cristal

O bar Celta, situado na praza de Campo Castelo, foi obxecto dun intento de roubo, que se produciu o pasado domingo, entre as doce e media e a unha e media da mañá. Os ladróns non levaron nada xa que, segundo manifestaron no establecemento, nin tan sequera chegaron a entrar. Con todo, si causaron desfeitas como a rotura do cristal da porta e da máquina comecartos.

«Realmente, non presentamos denuncia porque non nos chegaron a roubar. A idea deles debía de ser intentar acceder á máquina comecartos desde fóra, cunha pata de cabra ou outra ferramenta similar, con todo non o conseguiron», afirmou a propietaria do bar.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios