Imputados once lucenses por copiar con transmisores en exames da Xunta

Material incautado a los sospechosos. (Foto: AEP)
photo_camera Material incautado a los sospechosos. (Foto: AEP)

Once das dezaseis persoas que foron identificadas hai un mes pola Policía Autonómica como sospeitosas de participar nunha montaxe para copiar, a través de radiotransmisores, no exame para obter o título de xestor de transporte por estrada que expide a Xunta, son de Lugo. Sete dos imputados serían os encargados de montar os dispositivos para cometer este engano, mentres que os outros serían os interesados en obter a titulación que pagarían por obter as respostas.

Os imputados, que non chegaron a ser detidos pero si identificados, empezarán xa a prestar declaración esta mesma semana no xulgado de instrución número 3 de Santiago, que investiga os feitos. Segundo as actas levantadas polos axentes, os implicados non actuarían todos dentro do mesmo grupo, senón que se trataría de polo menos tres grupos procedentes de diferentes lugares, pero utilizando os mesmos métodos e no mesmo lugar, o aparcadoiro do Palacio de Congresos de Santiago, onde se celebraba este exame o pasado 19 de outubro.

ANÉCDOTAS
Un ía co seu pai e outro, a axudar ao marido da súa sobriña

Ademais dos once veciños da provincia de Lugo identificados pola Policía Autonómica, están imputadas tamén persoas de Salceda de Caselas, Carballo, Cerceda, Arbo e Salvaterra do Miño. A súa presenza alí intentado a mesma trampa e cos mesmos medios que os lucenses pode dar unha idea do estendida que está esta práctica para conseguir determinadas licenzas e títulos. E os seus testemuños configuran un catálogo de circunstancias sorprendentes. 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios