Homenaxe a toda unha vida de traballo

ELP1706P14F4.JPG
photo_camera ELP1706P14F4.JPG

Luís Fernández Somoza, expresidente de Azkar, foi o protagonista do venres na residencia coruñesa de maiores Remanso-Claudina Somoza. O empresario recibiu a cariñosa homenaxe por parte dos traballadores do centro xeriátrico, a quen se sumaron na festa aqueles procedentes de Subel, Vivenda Confort e Imge, tamén presididas por Fernández Somoza.

No transcurso da celebración proxectouse un vídeo da actividade desenvolvida nestes últimos anos polo homenaxeado en recoñecemento o seu labor e traxectoria, resaltando o seu labor social e o perfil humano. A continuación, fíxoselle entrega dun álbum de fotos coas imaxes máis destacadas do mesmo.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios