''Hai que levar a Andorra 14.500 euros cada un, en billete grande no peto, que non avultan''

Dorribo y su socio Arsenio Méndez esperan en el juzgado junto a su abogado. (Foto: Sebas Senande)
photo_camera Dorribo y su socio Arsenio Méndez esperan en el juzgado junto a su abogado. (Foto: Sebas Senande)

O xulgado número 3 de Lugo, que instrúe a operación Campión, xa conta coas transcricións de conversacións telefónicas que se localizaron grazas á investigación sobre José Blanco no Tribunal Supremo, e que por un erro non foran achegadas aínda á causa que se segue en Lugo contra Jorge Dorribo e os seus socios polo cobro de irregular de subvencións públicas e outra media ducia de delitos asociados.

Efectivamente, e tal e como publicou este diario na súa edición do 12 de abril, un dos protagonistas das mesmas é José Antonio Orozco, entón vicepresidente de Azkar e socio de Dorribo no laboratorio farmacéutico que ían montar en Andorra e nos plans para o envasado de medicamentos en unidosis. Os seus interlocutores son case sempre o propio Dorribo e os dous propietarios da consultora Proitec, tamén detidos no seu momento e tamén participantes no negocio de Andorra.

PROVIDENCIA
Dorribo e a súa muller declaran o 22 acusados dun novo delito, contra Facenda

A maxistrada Estela San José, instrutora da operación Campión, facilitou onte ás partes unha nova providencia na que informa que Jorge Dorribo e a súa muller, Aveline Fernández, deberán declarar o próximo día 22 acusados dun novo delito. 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios