Achada unha calzada ou praza romana en Santo Domingo

Zona en la que aparecieron restos de un pavimento romano exterior. (Foto: Pepe Álvez)
photo_camera Zona en la que aparecieron restos de un pavimento romano exterior. (Foto: Pepe Álvez)

As obras de renovación da iluminación pública na Praza de Santo Domingo acaban de deparar unha grata sorpresa: a aparición de restos dun pavimento romano, que podería ser unha calzada ou unha praza.

O achado saíu á luz na parte alta da praza, fronte ao local da galería Sargadelos, pero alén da rúa, e revela que, en época romana, nesa zona había un espazo público.

De momento non é posible determinar con exactitude se se trata dunha calzada, xa que a gabia aberta para renovar a iluminación é moi estreita e, de momento, o tramo levantado é bastante curto. Ao ancho non será posible indagar máis, polo menos de momento. Abriuse só a gabia pola que irá o cableado eléctrico, entre outras razóns, porque a ambos os dous lados xa discorren canalizacións doutros servizos.

Ademais do curto tramo aberto ata o momento, o estado de conservación dos pavimentos é bastante malo, polo que ata avanzar un pouco máis na escavación e, sobre todo, ata pór o achado sobre os planos e cotexalo coa información existente sobre a trama urbana do Lugo romano, non é posible determinar con exactitude a que estrutura pertence, explica o arqueólogo Roberto Bartolomeu.

Con todo, hai bastantes posibilidades de que se trate dunha calzada, que comunicaría o norte da cidade co foro. Éste esténdese xusto desde Santo Domingo ata Campo Castelo e desde a Rúa Progreso ata Raíña.

Este achado súmase aos fragmentos atopados máis ou menos á altura do convento das Agostiñas. Un cidadán alertou da presenza de material delicado nun colector e a Xunta chegou a parar a obra porque non se estaba realizando control arqueolóxico. é posible que corresponda a un hipocausto (sistema de calefacción), aínda que non está determinado con seguridade.

Comentarios