''Haberá miles de artigos a prezos atractivos''

Carlos Almoina, organizador da feira multisectorial que será do 1 ao 3 de novembro no Pazo de Feiras

¿Que se atoparán os visitantes na Feira Multisectorial do Comercio, Antigüidades e Artesanía de Lugo, que se celebrará a próxima ponte de Todos os Santos?

Terá dúas partes diferenciadas, unha empresarial, na que haberá firmas de mobles, descanso, calefacción ou arquitectura, e outra de oportunidades, con miles de artigos de roupa, calzado, enxoval, fogar ou materiais de construción a prezos atractivos para animar aos visitantes.

¿Tamén terán cabida as antigüidades e a artesanía?

Haberá unha vintena de anticuarios de España, Francia, Bélxica e Portugal e outros tantos artesáns de Galicia e Asturias.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios