viernes. 28.01.2022 |
El tiempo
viernes. 28.01.2022
El tiempo

''Haberá xogos e tapas polo aniversario da asociación''

ADE1508P113F1.JPG
ADE1508P113F1.JPG

Javier Carrasco, secretario do colectivo Veciños da Estación Ponte da Chanca que celebra varios actos

¿Que actos prepara a asociación para hoxe e mañá?

Con motivo de conmemorar o vixésimo aniversario da súa fundación queremos converter o barrio no núcleo cultural e comercial hoxe e mañá. Por unha banda, organizamos un concurso de escaparatismo xunto cos comerciantes. Non se trata de premiar ao máis custoso senón ao máis orixinal. Ademais, moitos comprometéronse a realizar algunha iniciativa de promoción.

¿Que outras actividades hai?

En colaboración co sector da hostalería tamén se fará un concurso de tapas. Participarán ao redor de 25 establecementos que farán un tapa especial con este motivo hoxe e mañá.

¿Haberá actos lúdicos?

Si, hoxe e mañá o Concello cédenos o parque do Sacro Corazón, onde organizamos xogos populares, abertos ao público en xeral, especialmente mozos e nenos. Ademais, mañá entre as seis e as oito da tarde actuará un grupo musical e, se o tempo axuda, tamén colocaremos inchables para os máis pequenos. Ademais, mañá haberá tamén unha comida no San Francisco que tamén será unha homenaxe aos socios máis maiores: Manuel Quintela e Encarnación Sopena.

''Haberá xogos e tapas polo aniversario da asociación''
comentarios