Granxeiro último modelo

ELP1710P96F1.JPG
photo_camera ELP1710P96F1.JPG

CANDO me presentaron a Randolfe comentaron que lles puña música ás vacas e pintaba mulleres nos seus cadros. «Outro tolo», pensei, pero estaba errada. Efectivamente Randolfe recrea figuras femininas espidas cun estilo abstracto e ameniza con música a súa granxa, ás veces clásica e ás veces rock. Pero, por riba desas curiosidades, pon a ilusión dun cativo en cada proxecto que afronta e profesa un amor pola cultura e pola súa terra, Carballedo, que racha fronteiras. Vinculado ás filas do PSOE e a Unións Agrarias, é un traballador nato que está por riba de certos acomodamentos ós que sucumben os que andan en leas políticas e sindicais. É unha referencia para Carballedo.

Comentarios