Gol na cancha, boxeo na bancada

El complejo deportivo O Palomar, donde ocurrió el altercado (Foto: Pepe Álvez)
photo_camera El complejo deportivo O Palomar, donde ocurrió el altercado (Foto: Pepe Álvez)

Un home e unha muller, veciños de Lugo, terán que pagar sendas multas tras ser condenados por learse a golpes logo de presenciar un partido de fútbol sala disputado polos seus fillos, que xogaban en equipos rivais. Nada máis finalizar o encontro, o espectáculo pasou da cancha ás bancadas, xa que ambos os proxenitores ofreceron unha imaxe bastante insólita, aínda que moi pouco deportiva.

Tal e como se recolle na sentenza, os feitos ocorreron hai pouco máis dun ano -sobre as nove da noite do 28 de marzo de 2012- cando os dous acusados acudiron de público ao pavillón do complexo deportivo O Palomar, onde os seus fillos disputaban un encontro de fútbol sala.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios