Feuga ofrece 36 actividades ata xuño sobre habilidades empresariais

A Fundación Empresa Universidade Galega (Feuga) ofrece 36 actividades de formación ata xuño sobre habilidades empresariais. Ata final de ano, haberá 50, que constituirán case 500 horas de formación en distintas áreas de coñecemento como xestión comercial, empresarial, de operacións e da innovación, ademais de cursos sobre internacionalización, e habilidades profesionais e recursos humanos. Máis de 30 entidades de primeiro nivel colaboran con Feuga ofrecendo relatores de proxección nacional e internacional.

Comentarios