Envellecer noutra casa

Comedor del hogar residencial Aledar (Foto: SEBAS SENANDE)
photo_camera Comedor del hogar residencial Aledar (Foto: SEBAS SENANDE)

Tomar un caldo de nabizas o día que apeteza, irse á cama cunha bolsa de auga quente ou recibir unhas friegas con alcol de romeu para aliviar os síntomas dun catarro son atencións que un ancián dificilmente pode recibir nun gran centro residencial e que fan que moitas persoas opten por modelos alternativos, como as vivendas comunitarias e os fogares residenciais.

Na cidade de Lugo hai dúas vivendas e un fogar, todas nos arredores, que ofrecen en total 43 prazas. A primeira foi Agarimo, unha vivenda con doce prazas situada en San Salvador de Muxa que en xuño cumprirá catorce anos. Foi tamén unha das primeiras da provincia. A súa propietaria, Dores González, é auxiliar de enfermería e tras nove anos traballando en xeriatría decidiu pór en marcha un proxecto propio. Desde entón os tempos cambiaron moito e a praza custa 1.400 euros, pero a casa está sempre ao completo, asegura a directora.

«Estou contenta porque estou a gusto e doulles independencia aos meus fillos»

Sara é a veterana de Aledar, unha casa situada en Piugos que empezou a funcionar como vivenda comunitaria hai sete anos e desde fai dous é fogar residencial. A diferenza é que pode acoller a persoas que, cando ingresan, xa teñen un grao de dependencia leve ou moderada. Para este tipo de usuarios ten seis prazas. As outras dezaoito son para persoas máis autónomas, explica a directora, Nuria Abelleira.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios