O viveiro de empresas do CEI queda sen 3 técnicos de emprego

A concelleira de economía, Sonia Méndez, anunciou onte que o viveiro municipal de empresas do CEI-Nodus deixará de contar con tres técnicos de emprego que tiña ata agora. Segundo explicou, a causa é que a Xunta rebaixou do 80 ao 29% a cantidade que subvencionaba destes tres contratos.

O problema reside, segundo Méndez, en que debido ás restricións para a contratación que impuxo o Goberno central aos concellos, o Concello non pode asumir agora legalmente o pago dunha cantidade tan alta destes contratos, cousa que si podía facer cando a Xunta subvencionaba o referido 80% dos mesmos.

Comentarios