O TSXG confirma a orde de demolición dunha planta de Leite Río no Ceao

La nave de Leite Río sobre la que pesa la orden de demolición, ubicada en la Rúa da Agricultura. (Foto: Pepe Tejero)
photo_camera La nave de Leite Río sobre la que pesa la orden de demolición, ubicada en la Rúa da Agricultura. (Foto: Pepe Tejero)

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de confirmar unha resolución da Xunta que a finais de 2007 obrigaba á empresa Leite Río a demoler a súa planta O Ceao II -por non axustarse á legalidade urbanística- e dáballe un prazo máximo de dous meses para executar a orde.

Administración e empresa enfrascáronse desde entón en todo un proceso de recursos cruzados e resolucións contraditorias, o que permitiu que a planta seguise funcionando con total normalidade durante os últimos seis anos.

PRODUCCIÓN
A actividade na planta é intensa

A nave do Ceao II soporta actualmente unha intensa actividade. De feito, hai ano e medio, o grupo Leite Río investiu máis de tres millóns de euros en pór en marcha nesa planta unha nova liña para envasar a diario uns 288.000 litros de leite UHT en botellas de litro e medio. 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios