''O salón rexio acollerá un espectáculo de flamenco''

Antonio Somoza, directivo do Círculo, que este sábado celebra a feira de abril, con cea e actuacións

¿Que teñen preparado para a feira de abril do Círculo??

A actuación do grupo Esencia, será o principal atractivo. Trátase dun espectáculo de flamenco, no que actúan cinco bailaoras xunto a un cadro flamenco formado por cantaoras, guitarra e percusión. O espectáculo celébrase o sábado, ás 21.30 horas, no salón rexio, decorado para a ocasión para celebrar esta feira andaluza.

¿A reserva de mesas segue aberta?

Ata o mesmo día 26 é posible facer a reserva nas oficinas do Círculo. Durante a festa servirase unha cea moi acorde co máis típico da feira. Así, non faltarán os produtos ibéricos e as frituras, todo regado con bebidas andaluzas, como a manzanilla e o rebuxito. Cremos que o prezo de 12,50 euros por persoa é ademais moi alcanzable.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios