O PXOM de Lugo xa se pode consultar na páxina web do Concello

O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Lugo, aprobado en pleno a semana pasada, pódese consultar desde onte na web do Concello.

De momento, o documento é provisional, xa que debe ser aprobado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pero se pode consultar. O plan pode visualizarse en formato pdf.

Nalgúns casos, debido ao peso dos documentos, non é posible visualizalos vía web, senón que é necesario descargalos e gardalos no equipo. Noutros casos, hai que descomprimirlos, segundo informou o goberno local.

O PXOM foi aprobado cos votos do PSOE e do PP tras máis dunha década de tramitación. O trámite da semana pasada foi motivado polos cambios, ampliacións e aclaracións que pediron as consellerías de Cultura e de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en novembro de 2009, tras recibir o documento aprobado provisionalmente en xaneiro dese ano.

Ésta é a primeira vez que o Concello publica o PXOM na web. Tras a aprobación inicial non o fixo porque consideraba que era un documento demasiado complexo. Nese momento optou por pór a tres técnicos a disposición dos cidadáns, para resolver dúbidas, pero agora decidiu facer público todo o documento ante o cariz que tomaron os acontecementos. O detonante foi que o xulgado contencioso administrativo número 2 de Lugo solicitou unha copia do plan por mor da denuncia presentada por unha asociación de veciños.

Comentarios