A ponte romana ponse a exame para o seu arranxo

El puente romano de Lugo. (Foto: Sebas Senande/AEP)
photo_camera El puente romano de Lugo. (Foto: Sebas Senande/AEP)

O goberno local puxo onte en marcha o reloxo da conta atrás para a rehabilitación da ponte romana de Lugo e, na xunta de compras, acordou contratar por 20.650 euros unha asistencia técnica que se encargará de estudar o estado do antigo viaduto e elaborar un proxecto técnico para a súa restauración.

A firma elixida é a firma Durán SL, o estudo máis acreditado en Galicia na rehabilitación de pontes históricas e que realizou varios proxectos para a dirección Xeral de Patrimonio, detallou o goberno.

Os técnicos van estudar a fondo o estado da ponte e logo decidirase que obras son precisas, O goberno local aspira a financiar os traballos con fondos do un por cento cultural do Ministerio de Fomento. Por decidir está se a ponte pecharase ao tráfico cando se abra o novo viaduto.

San Marcos

Doutra banda, o goberno acordou colocar unha lona xigante, con imaxes da antiga praza, en San Marcos, para evitar a veciños e comercios o impacto visual que supoñen as obras que se están levando a cabo de cara a reurbanizar ese espazo e facelo peonil. A lona que se porá terá 195 metros.

Comentarios