''O orzamento este ano cínguese á procesión e a novena''

Manuel Expósito, irmán maior da confraría da Virxe da Esperanza, que celebra asemblea mañá

¿Cando se celebra a asemblea da irmandade e con que obxecto??

É mañá, ás 20.30 horas na Nova. Trátase dunha asemblea xeral ordinaria, na que se presentará o informe de actividades do ano pasado e aprobaranse as contas, presentarase tamén o orzamento deste ano e os confrades farán as súas propostas, ademais do capítulo de rogos e preguntas.

¿Como será o orzamento deste ano?

É un orzamento puramente ordinario. Inclúense os gastos de sacar a procesión e os da novena do mes de novembro, pero non se esperan gastos extraordinarios porque este ano non tocan arranxos. Xa se fixeron o ano pasado, cando reparamos a carroza, que tiña problemas na dirección; démoslle un baño de ouro á coroa, que estaba deteriorada e con golpes. Tamén organizamos o local que nos cede o párroco da Nova.

¿Están xa cos preparativos de Semana Santa?

Si, empezamos a facer cousas e ver como corrixir algunhas para que este ano salga a procesión aínda mellor.

¿Cantos confrades ten a irmandade?

Agora mesmo ao redor de 600 persoas.

Comentarios