O orzamento do Concello de Lugo recórtase nun millón en 2015 ata os 93,5

O Concello volverá ter orzamento en 2015 tras un ano de funcionamento coas contas prorrogadas, aínda que ve reducido en algo máis dun millón de euros o seu montante total, que ascende a 93.503.825 euros, debido á caída dos ingresos por impostos e taxas, así como das transferencias doutras administracións.

O proxecto foi aprobado onte inicialmente pola xunta de goberno e chegará a pleno o próximo 29 de decembro. Con todo, nesta ocasión a oposición non terá capacidade de botalo abaixo, xa que a Lei de Grandes Cidades permite aprobar os orzamentos en xunta de goberno se o ano anterior houbo prórroga.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios