''O prezo por comer á carta será de 10,50 euros''

Koki García (Foto: EP)
photo_camera Koki García (Foto: EP)

Koki García, chef do restaurante do Jorge I, que aplicará un 50% de desconto no prezo da carta

¿En que vai consistir o desconto que ofrecen aos clientes do restaurante?

Aplicarase un desconto do 50 por cento na carta. Iso supón que os clientes pagarán 10,50 euros por comer á carta.

¿O prezo é sempre igual?

Si, porque a nosa carta non funciona con prezos individuais, senón que ten un prezo de 21 euros e engloba varios grupos de pratos, para conformar un primeiro, un segundo e sobremesa, ademais de pan e auga. Tamén queda ao 50 por cento o viño se o prezo na carta non supera os 30 euros. E a rebaixa aplícase tamén a cafés e licores.

¿Que pratos poden entrar nese prezo rebaixado?

Moitos. Un exemplo poden ser un arroz con lubrigante de primeiro e un solombo de segundo, ademais da sobremesa.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios