O PPDEG alerta de que os pasos de peóns elevados de Lugo non cumpren a normativa

Paso de peatón elevado en la Ronda do Carme (Foto: EP)
photo_camera Paso de peatón elevado en la Ronda do Carme (Foto: EP)

O grupo municipal do PPdeG reclamou onte que se adapten á normativa vixente os pasos de peóns elevados que hai na cidade, unha vez transcorridos dabondo os dous anos de prazo que establecía a lei para a súa adecuación. O concelleiro popular Antonio Ameijide indicou que, no caso do Concello de Lugo, vanse a cumprir xa tres anos desde que venceu o último prazo concedido polo Ministerio de Fomento para modificar este tipo de reductores de velocidade.

Ameijide indicou que, en Lugo, son «especialmente problemáticos os da Ronda do Carme, pola densidade de tráfico que absorbe esta vía», e que tal e como están estes dispositivos, «supoñen un perigo para os condutores, especialmente os de motocicletas e bicicletas». As súas ramplas de subida ou baixada teñen unhas pendentes excesivas e algunhas incluso chegan ao 25% cando a recomendación, de acordo coa instrución técnica, é que estea entre o 5 e o 10%. Os populares non entenden por que non se fixeron xa as obras necesarias para adecuar os seis pasos de peóns elevados que hai na Rolda do Carme». Ameijide explicou que a modificación é sinxela: «Rebaixar a altura, a pendente de entrada e saída así como aumentar a plataforma».

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios