PROVINCIA. O PP gaña con rotundidade pero perde un deputado

Os populares impóñenese co 52,85% dos votos, un 1,4 máis que en 2012, e fanse con 8 escanos fronte aos 3 do PSdeG, os 2 de En Marea e o do BNG ►A provincia asignaba nesta ocasión un representante menos
Barreiro y Candia, con los números uno y dos de la candidatura, Conde y Díaz Amigo
photo_camera Barreiro y Candia, con los números uno y dos de la candidatura, Conde y Díaz Amigo

O Partido Popular perde 1 escano na provincia de Lugo nas eleccións autonómicas celebradas este domingo respecto das do ano 2012, unha vez escrutado o 100% dos votos e tendo en conta que a provincia contaba nestes comicios cun deputado menos a repartir. Os populares retroceden de 9 a 8 escanos no Parlamento de Galicia, de forma que Lugo é a única provincia na que perden representación a pesar de avanzar en porcentaxe de voto, pasando do 51,48% de 2012 ao 52,85%. Tan só Ourense supera a Lugo en porcentaxe de voto favorable para os populares, xa que o equipo que dirije Manuel Baltar fíxose co 53,1% dos sufraxios na súa circunscrición.

Na provincia lucense o PSDEG reduce a súa representación na Cámara lexislativa ao pasar de 4 a 3 escanos, manténdose como a segunda forza máis votada nesta provincia. Os socialistas pasan de 43.370 votos e un 22,7% dos sufraxios de 2012 a cultivar un 19% dos apoios e algo máis de 34.800 papeletas.

En Marea logra 2 escanos en Lugo e o BNG conserva 1 deputado que alcanzou nos comicios de 2012.

En canto á porcentaxe de voto na provincia lucense, o PP logra o 52,85%, PSDEG 19,04%, En Marea 15,35% e BNG 7,40%.

LUGO CIDADE. Na capital o PPDEG tamén avanza con respecto a 2012. Pasa de 21.570 (44,75%) a 22.961 (46,76%). Poden consultar os datos da capital da provincia no seguinte cadro.

20162012
CandidaturasVotosVotosCandidaturas
PP22.96146,76%21.57044,75%PP
EN MAREA10.15920,69%
PSDEG-PSOE9.07218,48%10.79122,39%PSDEG-PSOE
BNG-NÓS3.1596,43%3.7457,77%BNG
C's2.0254,12%

Comentarios