O PP esixe o arranxo de deficiencias en seis zonas de xogos e circuítos saudables

La popular Isabel Devesa muestra el deterioro del pavimento del parque infantil de Duquesa de Lugo. EP
photo_camera La popular Isabel Devesa muestra el deterioro del pavimento del parque infantil de Duquesa de Lugo. EP

Os populares lucense aseguran detectar deficiencias en seis dos parques infantís e circuítos biosaludables da cidade, polo que esixen o seu arranxo ao considerar que teñen «fácil solución». A concelleira Isabel Devesa detallou onte en rolda de prensa estes danos e pediu ao goberno local que sexa «máis rigoroso e non incorra nun deixamento de funcións para ter en perfecto estado de revista os parques, xa que é un servizo polo que o Concello paga unha cota anual de máis de 50.000 euros», en alusión ao contrato de mantemento vixente cunha empresa.

A concelleira enumerou algunhas das intervencións que o goberno local debería esixir á concesionaria, como o cambio ou substitución de cartelería deteriorada no circuíto saudable da carballeira de Fingoi, a reparación do cerramento do parque da Rúa Novo Freire, así como o cambio do pavimento da zona infantil que hai entre Alexandre Bóveda e Duquesa de Lugo.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios