O PP boicotea o acto central contra a violencia de xénero nun día de división institucional

Concentración ante el multiusos de la Xunta (Foto: Pepe Tejero)
photo_camera Concentración ante el multiusos de la Xunta (Foto: Pepe Tejero)

A conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero desenvolveuse onte en Lugo da forma menos desexable: con polémica partidista e división a todos os niveis. A cidade acolleu máis de media ducia de actos para reivindicar o fin da violencia machista contra a muller e a igualdade entre homes e mulleres e para recordar e honrar ás vítimas, pero non houbo nin un só acto que reunise a todas as institucións e colectivos da cidade.

A principal nota discordante produciuse precisamente nun dos actos centrais, a lectura do manifesto municipal en Santo Domingo e a ofrenda floral ás vítimas, ante a árbore da vida. O PP decidiu non acudir debido ao contido do manifesto, un texto no que a concelleira de benestar social, a socialista Ana González Abelleira, cargou contra as políticas do Goberno central de principio a fin e sen piedade. «A violencia está a quedar de novo na casa, de portas para dentro», porque o labor da Administración central «resúmese en retrocesos e recortes», afirmou a edil.

LUGO
129 mulleres con protección

O PSOE provincial recordou que, segundo datos do Poder Xudicial, este ano houbo 2.552 denuncias por malos tratos en Galicia (250) en Lugo e que, segundo a estatística da Xunta, hai 884 mulleres con medidas de protección (129 en Lugo). 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios