O Parlamento pecha filas en torno ao Hula

Quiroga midió su tiempo con un reloj ''de 120 anos'' de su abuelo. (Foto: Arxina)
photo_camera Quiroga midió su tiempo con un reloj ''de 120 anos'' de su abuelo. (Foto: Arxina)

O camiño iniciado alá polo mes de outubro pola Federación de Asociacións de Vecinos e Abre a Muralla coa recollida de firmas -lograron máis de 41.000- para dotar ao Hospital Universitario Lucus Augusti (Hula) de servizos de radioterapia, medicina nuclear e hemodinámica 24 horas ao día culminou onte cun rotundo éxito no Parlamento. A totalidade dos partidos presentes na Cámara apoiaron a proposición de lei de iniciativa lexislativa popular, toda unha declaración de intencións tendo en conta que esta lexislatura non pasará á historia por bater unha marca de acordos por unanimidade.

Con todo, os promotores da iniciativa fuxiron do triunfalismo. Para eles, o xesto de onte no Parlamento non é o final feliz do conto, senón un punto e seguido do mesmo. Así, ante a falta de concreción de datas e prazos, advertiron que estarán «vixiantes» de que os acordos se cumpran e non queden en papel mollado, como xa ocorreu antes.

APOIO
Máis de 50 lucenses viaxaron a Santiago

Encabezados polo alcalde, José López Orozco, a concelleira do BNG Paz Abraira e a vicepresidenta da Deputación Lara Méndez, máis de medio centenar de veciños e algún que outro político seguiron o debate da ILP do Hula nas bancadas do Pazo do Hórreo. A maioría viaxaron en autobús e saíron satisfeitos do compromiso selado onte. Ata departiron amablemente cos deputados da provincia nos corredores ao terminar o debate. 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios