O Mihl mostra fotos sobre discapacidade e vida cotiá

Los primeros visitantes, observando las imágenes (Foto: XESÚS PONTE)
photo_camera Los primeros visitantes, observando las imágenes (Foto: XESÚS PONTE)

A asociación Down Lugo, en colaboración coa fundación Grupo Norte e o Concello, inaugurou este xoves a exposición 'As persoas con discapacidade na vida cotiá', á que concorren algunhas das imaxes que participaron no concurso internacional de fotografía dixital que cada ano convocan Grupo Norte e o Inico (Instituto Universitario de Integración na Comunidade), da universidade de Salamanca.

En 55 fotografías, esta exposición —que acolle o Mihl ata o próximo día 30—  mostra os resultados de once anos de traballo permitindo ver, coñecer e entender a realidade cotiá das persoas con discapacidade desde a perspectiva das propias persoas, os seus familiares, o persoal de apoio e, por suposto, o fotógrafo que realiza a instantánea.

Á inauguración, asistiron María José Blanco Freire, presidenta de Down Lugo; Javier Ojeda Prieto, da fundación Grupo Norte, e a concelleira de cultura, Carmen Basadre, ademais do vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga.

Más en Lugo Ciudad
comentarios