O médico que tamén sabía matar

El urólogo Francisco Javier Neira Pampín, en su consulta de Polusa
photo_camera El urólogo Francisco Javier Neira Pampín, en su consulta de Polusa

Moi poucos coñecerán a súa faceta de escritor, como tampouco saberán das súas artes para o piano e a pintura. Francisco Javier Neira Pampín, un urólogo con varias décadas de exercicio da medicina, estréase como escritor. O seu libro é unha novela negra, ‘O Quixote de madeira'. Preséntao o martes, ás oito, en Novacaixagalicia.

as musas non se buscan, atópanse. No caso que nos ocupa, as musas modernizáronse, adaptáronse ás novas tecnoloxías e apareceron no Whatsapp. Así o conta este urólogo, Francisco Javier Neira Pampín, un home que, logo de xornadas intensas de consultas e quirófano, atopa tempo para a arte, que se manifesta en forma de literatura, música ou, incluso, pintura.

Neira Pampín presentará este martes, ás oito, na Fundación Novacaixagalicia, o seu libro ‘O Quixote de madeira'. Unha novela negra que comeza así: «Xan do Eixo, polo aspecto que tiña, parecía curto de intelixencia pero non o era». E foron estas primeiras palabras as que o autor mandou un bo día nunha mensaxe á súa parella, residente noutra cidade e coa que só coincide os fins de semana. Palabras enviadas a través da aplicación telefónica máis famosa do mundo mundial, o Whatsapp.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios