O laboratorio de E.coli de Veterinaria busca asegurar o seu futuro no Cetal

O laboratorio de E.coli da facultade de Veterinaria e o Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (Cetal) ultiman un convenio de colaboración que permitirá a este pór en marcha por fin o seu Laboratorio de Seguridade Alimentaria da man dun equipo prestixioso e de referencia. A cambio, ao laboratorio do campus ábrenselle novas posibilidades para consolidar e asegurar o seu futuro. Ambas partes indicaron que o convenio será presentado de forma "inminente", razón pola que mostraron moitas reticencias a explicar os detalles do acordo, que está a piques de fraguarse e que contou co seguimento e o respaldo da Universidade, segundo confirmou o vicerreitor do campus, Javier Bueno.

O laboratorio de E.Coli é un dos centros de investigación e servizos do campus con máis proxección, sobre todo desde a crise alimentaria que sufriu Alemaña no verán de 2011. O laboratorio de Lugo descartou a orixe española do brote de E.coli que causou unha vintena de mortos e miles de afectados, despois de que os laboratorios oficiais do país se inhibisen, segundo recorda o director do centro lucense, Jorge Blanco. A súa intervención foi clave para que, meses despois, o Ministerio de Sanidade o designase laboratorio nacional para a detección desta bacteria en alimentos.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios