O xuíz retíralle o coche a un lucense con 12 condenas en materia de tráfico

O xulgado do Penal número 2 da capital lucense acordou onte retirarlle definitivamente o coche a un lucense que suma unha ducia de condenas en materia de tráfico.

A última infracción pola que Francisco José B.F. tivo que render contas ante a Xustiza tivo lugar o 6 de abril de 2009, cando o home conducía o seu turismo por Lugo logo de inxerir bebidas alcohólicas e a pesar de ter o carné retirado por sentenza xudicial.

Deste xeito, sobre as once e media da noite, o home circulou en zig-zag por varias rúas da capital e finalmente detivo o seu vehículo no medio da calzada, na Rúa Serra de Outes. O acusado baixouse do coche -sen molestarse nin sequera en estacionalo- e entrou nun restaurante próximo, onde foi interceptado pola Policía.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios