O Hula atribúe a ''motivos médicos'' a espera de pacientes nos corredores

Pasillo de urgencias del Hula en la mañana de ayer y Concepción Burgo durante la rueda de prensa. PEPE TEJERO.
photo_camera Pasillo de urgencias del Hula en la mañana de ayer y Concepción Burgo durante la rueda de prensa. PEPE TEJERO.

«é moito mellor para o paciente estar unhas horas en observación que non ingresalo». Estas foron as declaracións realizadas onte polo xerente de Xestión Integrada de Lugo, Antonio García Quintás, alegando criterios médicos para rebater as queixas de pacientes e sindicatos que criticaron a presenza durante os últimos días de camas con enfermos nos corredores da área de observación do Hospital Universitario Lucus Augusti (Hula).

Segundo García Quintás, para un paciente que chega a Urxencias cun cadro leve é «moito mellor» permanecer unhas horas en observación que non proceder á súa hospitalización. «Arránxase así nun máximo de dous días o que, de efectuarse un ingreso, duraría moitísimo máis», comentou, para engadir que, «a día de hoxe, hai no hospital 158 camas libres, nin unha nin dúas, 158. ¿Por que iamos deixar de ingresar a xente que o necesitase?», preguntouse en resposta ás denuncias sindicais pola redución de habitacións no centro no verán.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios