O groso do investimento na autovía Lugo-Santiago consignouse para 2014

Obras en la A-54, en Bazar (Foto: Xesús Ponte)
photo_camera Obras en la A-54, en Bazar (Foto: Xesús Ponte)

As partidas máis substanciosas, as que darán a lombeirada definitiva á obra da autovía Lugo-Santiago non chegarán ata o 2014. Segundo a planificación económica que estableceu o anterior Ministerio de Fomento, case un terzo do importe da obra adxudicada non se investirá ata ese exercicio, que será o que conte cun montante máis elevado para esa vía: máis de 85 millóns dos 300 nos que se valora a construción dos 50 quilómetros xa iniciados.

En virtude desas previsións, este ano será o segundo con maior investimento, con 65,4 millóns. Pese ao peso investidor do 2012, a liviandad das partidas previas (29 millóns en 2010 e tan só 9, en 2009) fai que Fomento en realidade só contemplase a apertura dun tramo da autovía antes do 2014. Dos sete tramos nos que se divide a obra, o único que se planificou para entrar en funcionamento en 2012 é o dos 6,49 quilómetros que unirán Monte de Meda e Vilamoure. Outros catro tramos -que suman 44 quilómetros e dos que publicamente o departamento dirixido por José Blanco establecera o horizonte en 2013- teñen a consignación orzamentaria dividida ata o 2014 e, nun caso, ata o 2015. Dos dous restantes nin sequera licitouse aínda o proxecto.

Só o 29% da obra adxudicada certificouse a estas alturas. A certificación é o trámite que establece que unha obra se finalizou na forma na que se contratou. Neste caso, o 71% aínda non pasou por esa xestión porque non se finalizou.

A certificación pendente revela cales son os tramos nos que as obras están máis avanzadas e nos que menos. Evidentemente, no primeiro caso está o de Nadela-Vilamoure, no que falta por certificar o 43,5% da obra, que corresponde aos traballos por valor de 11 millóns de euros que se incluirán nos orzamentos deste ano.

No outro extremo da balanza, atópase o tramo de 18,5 quilómetros entre Arzúa e Lavacolla, do que resta por certificar o 93%. é o que Fomento tiña previsto finalizar máis tarde, xa que decidiu dividir o seu orzamento ata o 2015 e as partidas máis elevadas non chegarán ata dentro de dous anos.

De calquera forma, o tramo que está nunha situación máis precaria é o de Arzua-Palas, Dividido en dous subtramos, ambos teñen establecido un orzamento de licitación para o proxecto, pero aínda non se sacou a concurso a súa redacción. As obras non son especialmente sinxelas nesa zona. A presenza da serra do Careón, espazo que debe ser protexido, é o principal motivo do atraso nese tramo.

Comentarios