O xerente di que as 125 camas do Hula pechadas no verán abrirán en outubro

As 125 camas pechadas en período estival no Hula reabrirán o 1 de outubro, segundo asegurou o xerente da estrutura de xestión integrada, Antonio García Quintáns. Están situadas en Medicina Interna, Xeriatría, Media Estancia e Paliativos, Xinecoloxía e Coidados Intensivos. No caso desa unidade, a xerencia especificou no seu momento que se trataba dun bloqueo de forma que a reapertura era inmediata en caso de precisarse eses espazos.

O habitual peche estival -que inicialmente sempre se planifica para xullo e agosto pero que adoita prolongarse durante setembro, polo menos parcialmente- afectou este ano a practicamente o mesmo número de espazos que o ano pasado. O incremento substancial neses peches produciuse tras a apertura do Hula, cando se chegou a duplicar o número de camas que se deixaban sen uso no verán. Antes a media roldaba as 66 e, desde entón, supera amplamente o centenar.

PARLAMENTO
O PSOE pregunta polo peche

A deputada socialista Concepción Burgo preguntará hoxe no Parlamento polo peche estival de camas no Hula e sobre a súa reapertura.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios