O fiscal pide tres anos a unha muller por inxurias á xuíza da Carioca

O ministerio fiscal solicitou onte unha condena de tres anos de cárcere e 1.800 euros de multa para Rita Signorotto, a muller acusada de atentado e inxurias por enviar dúas cartas presuntamente ameazantes á xuíza da operación Carioca.

Durante a vista oral, celebrada onte no Penal número 1 de Lugo, a maxistrada, Pilar de Lara, explicou que as misivas chegaron ás súas mans nos meses de maio e decembro de 2011. Nunha das cartas podíase ler: «Cando atope ou me sexa posible ver a xuíza Pilar de Lara métolle unha hostia que a vou a esparcir en mil pedazos, como fixo ela e os seus secuaces comigo e coa miña filla. A tomar por cu a lei». A outra -moi extensa-finalizaba dicindo: «Que non son dúas  hostias, que son catro. E que a lei non vaia tomar por cu, que vaia tomar polo recontracú».

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios