O fiscal pide 15 meses de cárcere para un mozo por roubar 30 aneis de ouro

O xulgado do Penal número 2 de Lugo aprazou onte un xuízo contra un mozo de 29 anos de idade, con iniciais C.M.G., acusado de furtar trinta aneis de ouro nunha xoiería do centro da cidade. O suposto ladrón enfróntase a unha condena de quince meses de cárcere.

O escrito de acusación da Fiscalía recolle que, sobre as catro e cuarto da tarde do pasado 11 de decembro, o acusado acudiu a unha xoiería -situada na Praza de Santo Domingo- e pediulle ao encargado que lle exhibise aneis de cabaleiro.

O traballador mostroulle diversas xoias que se atopaban nun único mostrario e o acusado observounas durante un intre, simulando que non se daba decidido.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios