O conselleiro de Industria falará de axudas ao autoemprego nunha conferencia de Aje

A Asociación de Novos Empresarios (Aje) organiza para o mércores día 2 unha mesa redonda na que participará o conselleiro de Industria, Javie Guerra. O tema será o do autoemprego e Guerra explicará que medidas tómanse desde o goberno autonómico para fomentar o emprendemento e o crecemento económico. Será a partir das dez e media no multiusos da Xunta.

O colectivo celebrará ao día seguinte unha charla almorzo baixo o título ‘¿Como aumentar a produtividade da Peme?', que correrá a cargo do economisa Rogelio Ménéndez Otero, cunha dilatada experiencia en consultoría de Pemes. A inscrición pode facerse chamando ao 982 224 699 ou escribindo a infoajelugo.com. é gratis para socios e costa 7 euros para o resto.

Comentarios