O condutor do coche no que morreu unha parella de Lugo afronta 4 anos de cárcere

El establo contra el que impactó el turismo (Foto: AEP)
photo_camera El establo contra el que impactó el turismo (Foto: AEP)

O ministerio fiscal solicita unha pena de catro anos de cárcere para o mozo que conducía un turismo que sufriu un accidente a finais de 2010, no que perderon a vida os seus dous acompañantes. O tráxico suceso causou unha gran conmoción na capital lucense, xa que os falecidos -Ana Belén Fernández Nogueira e Antonio Veiga Rodríguez, de 23 e 24 anos de idade e veciños do bario da Piringalla- eran parella e tiñan dous fillos de pouca idade.

O sinistro tivo lugar sobre as catro e cuarto da madrugada do 26 de decembro de 2010 na estrada LU-541, na parroquia vilalbesa de Nete. Ao chegar ao quilómetro 13, o condutor perdeu o control do turismo e saíuse pola vía pola marxe dereita.

IMPACTO
Un choque brutal contra un cortello

O dono do cortello contra o que impactou o turismo, José Díaz, mostra tras o sinistro as dúas árbores entre os que pasou o vehículo antes de encaixarse. O impacto causou danos de consideración nas instalacións, que xa foron abonados pola compañía aseguradora. 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios