O condutor do bus, clave no caso do violador do estilete

Felíx Vidal Anido, durante el registro de su casa el pasado sábado. (Foto: Pepe Tejero)
photo_camera Felíx Vidal Anido, durante el registro de su casa el pasado sábado. (Foto: Pepe Tejero)

A estas alturas aínda temperás da investigación, parece que só unha cousa pode evitar que Félix Vidal Anido, o violador do estilete, permaneza en prisión provisional: o testemuño do condutor do autobús no que el asegura que estaba a viaxar de regreso a Meira no momento no que se estaba producindo o intento de agresión sexual do que lle acusan. Se este condutor, ou algún dos pasaxeiros desa viaxe se poden ser localizados, sitúa ao sospeitoso no autobús, os billetes de ida e volta a Meira poderán pesar máis que as sospeitas; se non, todo apunta a que seguirá na prisión de Bonxe todo o que a lei dea de si.

O violador do ascensor foi enviado o sábado ao cárcere lucense sen fianza pola xuíza de garda, Hortensia Bouso. Atendeu así a petición da Fiscalía, que atopou suficientes as probas presentadas contra el pola Policía como suposto autor dun intento de agresión sexual contra unha muller duns 60 anos na zona de Augas Férreas. O seu fillo, que estaba en casa, impediu que se consumase o asalto e puxo ao agresor en fuga. Posteriormente, en comisaría, identificaron a Vidal Anido nas fotos que lles mostraron os axentes como o autor.

DEFENSA
Pedirá a liberdade por ausencia de probas

O avogado de oficio de Félix Vidal Anido, Marcos Candal, avanzou onte a este diario que presentará de inmediato un recurso contra a orde de ingreso en prisión provisional e sen fianza. Na súa opinión, non existen probas suficientemente sólidas como para desvirtuar a presunción de inocencia do seu defendido, que conta coa coartada das súas viaxes en autobús. Por iso, espera que entre as dilixencias que debe ordenar a xuíza atópese a de localizar ao condutor e pasaxeiros do bus. 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios