O Concello recibe 221 solicitudes para as novas garderías, con 120 plazas

O Concello de Lugo recibiu 221 solicitudes para as súas dúas novas garderías, que suman 120 prazas, 61 en Sanfiz e 59 na Piringalla.

A administración local estuda neste momento os expedientes e nuns quince días publicará a lista provisional de admitidos.

A xestión dos dous centros foi adxudicada a semana pasada á Fundación Fesán, unha organización con ampla experiencia en Galicia tanto neste campo como no de centros de día. O proxecto educativo que presentou Fesán e a redución económica que ofreceu foron os dous aspectos que inclinaron a balanza cara a esta fundación.

Cada escola disporá dun director, sete coidadores e persoal de cociña e limpeza, e organizarase en catro aulas: unha para nenos de tres meses a un ano, outra para nenos dun a dous anos e dous para nenos de dous a tres anos.

Outras garderías. A concellaría de educación abrirá esta semana o prazo para que os pais reserven praza nas dúas garderías municipais que xa funcionan, a de Serra de Outres e a Gregorio Sanz, en Sanxillao.

Comentarios