O Concello fixa directrices para abrir negocios sen licenza municipal

Comercios en la Avenida da Coruña. (Foto: AEP)
photo_camera Comercios en la Avenida da Coruña. (Foto: AEP)

O Concello de Lugo acaba de aprobar unhas directrices de funcionamento municipal derivadas da supresión de licenzas municipais de actividade que aprobou a Xunta a finais do ano pasado.

A Lei 9/2013 de emprendemento e competitividade económica de Galicia suprime con carácter xeral a necesidade de pedir licenza municipal de actividade, apertura ou funcionamento para a instalación, implantación ou exercicio de calquera actividade económica, empresarial, profesional, industrial ou comercial. Hai algunhas excepcións (instalación de terrazas na rúa, apertura de establecementos de actividades recreativas, celebración de espectáculos públicos...), nas que seguirá sendo necesario solicitar permiso municipal, pero para o resto chegará con presentar unha comunicación previa ao comezo de actividade, acompañada de numerosa documentación.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios