O Concello dedica a obras 1,5 millóns do superávit e o resto, a gasto social

La reparación de la Ronda das Fontiñas es considerada como ''urxente'' por el Concello. (Foto: Pepe Álvez / AEP)
photo_camera La reparación de la Ronda das Fontiñas es considerada como ''urxente'' por el Concello. (Foto: Pepe Álvez / AEP)

O goberno local decidiu onte que facer con 2,4 millóns procedentes do superávit dos últimos orzamentos, dos que 850.000 euros irán destinados a gasto social, tal e como demandaba o BNG. A concelleira de economía, Sonia Méndez, anunciou en rolda de prensa a repartición entre departamentos, no que sae máis beneficiado a área de infraestruturas e zona rural, que recibe 1,5 millóns.

A renovación do pavimento e servizos nun tramo da Rolda das Fontiñas, cun total de 571.000 euros, será a obra máis custosa das aprobadas onte e que deberán de recibir o visto e prace do próximo pleno municipal. Méndez, que cualificou este proxecto como «urxente» debido á deterioración que acumula esta vía, tamén destacou que este investimento extraordinario beneficiará a outros barrios como As Gándaras e A Ponte, onde o propio alcalde ofreceu aos veciños estas obras a cambio de que aceptasen a peonalización da ponte romana.

Investimentos previstos

Renovación de pavimento e servizos na Rolda das Fontiñas entre Caiñós e Rúa Sanxillao  
571.000 euros  
Reparación do pavimento na Rolda da Muralla  
82.169 euros  
Arranxo da estrutura da ponte sobre o río Mera  
226.811 euros  
Acondicionamento de pistas en San Salvador de Muxa  
72.202 euros  
Arranxo do acceso ao núcleo de San Mamede dos Anxos desde a igrexa de Conturiz  
86.814 euros  
Renovación do saneamento nas rúas Monte Adairo e Pía Paxaro das Gándaras  
138.108 euros  
Rotonda entre as rúas Estrada Vella de Santiago e Rúa Brétema no barrio da Ponte  
13.337 euros  
Renovación do pavimento en Rúa Vella da Ponte  
81.361 euros  
Arranxo do campo de fútbol do Ceao  
240.837 euros  
Cambio da iluminación pública en Rúa do Carme  
14.900 euros  
Instalación e reforma da iluminación en Urbanización Bellavista  
35.974 euros  
Urxencia social  
100.000 euros  
Axudas ao aluguer  
150.000 euros  
Accións formativas  
150.000 euros  
Axudas á creación de pemes para fomentar o emprego  
450.000 euros  

Comentarios