O Concello de Lugo cifra en 635.387 euros a débeda da Xunta por falta de pagamento de impostos

O Concello de Lugo informou onte de que a Xunta e varios organismos dependentes da mesma teñen unha débeda coa administración local de 635.387 euros pola falta de pagamento de impostos e taxas. Desa cifra, 422.710 euros corresponden ao Ibi (Imposto de Bens Inmobles) do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS). Este organismo segue acumulando débeda por este concepto pola discrepancia que mantén co Concello. Este pasa ao IGVS recibos de vivendas que xa están adxudicadas a cidadáns porque o organismo autonómico non fixo o cambio de titularidade no Catastro.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios